Anduriña centro de día en Bueu

Horario de luns a vernes dende as 8:00 ata as 21:00 h. Sábados dende as 10:00 ata as 20:00 h.

"O teu centro de
día en Bueu"

REXISTRO DE AUTORIZACIÓN DA XUNTA DE GALICIA E-5397 // REXISTRO SANITARIO DE FISIOTERAPIA C-36-00 2202

Vaya al Contenido

Menu Principal:

O Centro de Día Anduriña nace froito dunha ilusión e da necesidade de cubrir un servizo diurno de persoas dependientes co que non se dispoñía en Bueu ata o momento, polo que algúns dos veciños se vían na obriga de ter que desprazar aos seus familiares cara localidades limítrofes (Cangas, Moaña e Marín) onde dispoñían do mesmo.

O noso centro ofrece aos usuarios unha atención integral (bio-psico-social) á vez que especializada, individual e de calidade na que todas as súas necesidades se verán cubertas.

Trátase dun centro que conta cun equipo multidisciplinar de profesionais cualificados ao mesmo tempo que comprometidos no logro dalgúns obxetivos, estando entre algúns deles:

• Mellorar o estado da saúde dos nosos usuarios ao tempo que favorecemos a súa autonomía.
• Intentar manter ao dependente durante o maior tempo posible no entorno habitual.
• Promover as capacitacións de participación mediante as relacións interpersoais e interxeneracionais.
• Incrementar a integración social a través dun programa individualizado, onde se recolle toda a información o máis detallada posible de cada usuario.

Disporase tamén dunha programación anual na que se reflexarán as saídas mensuais programadas ao exterior (visitas a lugares sinalados da zona), así como a realización de festas temáticas nas que os propios usuarios serán membros activos-participativos na celebración das mesmas (elaborando os disfraces, postres...).

O Centro de Día Anduriña potenciará a flexibilidades na relación das actividades que os usuarios demanden, así como se realizara unha adaptación de cara ás necesidades e capacidades residuais que presenten os mesmos, mantendo e respetando as súas capacidades de decisión na relación das mesmas.

Centro de Día Anduriña, S.L. participa no proxecto de contratacion de xóvenes inscritos no Sistema Nacional de Garantía Juvenil. Operación cofinanciada pola Unión Europea.
PO de emprego Xuvenil do periodo 2014-2020.
O FSE inviste no teu futuro

 

Anduriña "Centro de día": C/ Francisco Escáneo, 7-9 - BUEU (Pontevedra)
Teléfono: 986 324 183 Móvil: 652 231 025
Aviso Legal | Área Interna

HORARIO: de luns a vernes dende as 8:00 ata as 20:30 h. Sábados dende as 11:00 ata as 20:00 h.

REXISTRO DE AUTORIZACIÓN DA XUNTA DE GALICIA E-5397
REXISTRO SANITARIO DE FISIOTERAPIA C-36-00 2202

SERVIZOS:
Animación sociocultural
Valoración social individualizada
Obradoiros de psicoestimulación
Fisioterapia, rehabilitación
Comedor, salón de peiteado
Servizo de acompañamento
Farmacia a domicilio...

Regreso al contenido | Regreso al menu principal